A qué vos dedicades?
A "Casa da auga" de Guitiriz
Nesta ocasión tocounos coller mochila e facer un bon traballo de campo.

O obxectivo do proxecto era nutrir de contidos un novo local ("A Casa da Auga") que atravesa "A Ruta da Auga" do municipio de Guitiriz.

En primeiro lugar planteamos a estratexia en canto aos contidos que íamos a elaborar e a tecnoloxía que íamos a utilizar para ofrecer o maior número de posibilidades a este municipio.

Por unha parte pretendíamos encher de contidos atractivos a "Casa da Auga" e ao mesmo tempo desenvolver unha estratexia que lle permitira ao Concello utilizar estes contidos no propio centro así como en espazos externos (portal corporativo do concello, feiras de turismo, material didáctico educativo, exposicións...)

Con estas premisas puxémonos a traballar sobre 5 ámbitos temáticos: as augas minero-medicinais, a etnografía, a flora, a fauna e a cultura dunha zona situada na Reserva de la Biosfera "Terras do Miño".

A continuación elaboramos diferentes materiales impresos e dixitais poñendo especial interese en interpretar con fidelidade a identidade visual que se desexaba transmitir.

En concreto desenvolvemos:

- Video promocional da "Casa da Auga" e a "Ruta da Auga"

- Paneis informativos

- Contidos dixitais en formato SCROM (estándar de e-learning)

- Instalación e configuración de pantalla plana con tableta táctil para poder interactuar cos contidos.

O resultado final é unha "Casa da Auga" que ofrece contidos digitales interactivos onde o visitante é o elemento partícipe.

Ao mesmo tempo logramos que todos os contidos podan ser utilizados polo concello, en conxunto ou por separado, en outros actos (exposicións, portal web, feiras, actividades didácticas...).























Material interactivo en " A Casa da auga" de Guitiriz

Cliente

Concello de Guitiriz

Tecnoloxía

Contenidos de e-learning en formato SCORM
Branding + diseño
Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona