¿A qué os dedicais?
Sdweb patrocina a Kernel 2011 - VIII Ciberencontro da Comunidade O Zulo
17 Septiembre 2011

A crise non pode ser unha excusa para que este tipo de iniciativas queden no limbo.

A comunidade O Zulo organiza, este ano 2011, o seu VIII Ciberencontro, tres días na Casa da cultura do Concello de Mugardos onde crear novas amizades, compartir coñecemento e desenvolver proxectos tecnolóxicos baixo a filosofía OpenSource.

Como cada ano por estas datas é un placer anunciar e poder colaborar na edición da VIII edición do Kernel 2011 - Ciberencontro Concello de Mugardos.

Para os máis avispados indicarvos que patrocinamos o concurso "Fast Web" do Kernel 2011, que consiste en desenvolver un sitio web seguindo unha serie de pautas de deseño e programación. O obxectivo do concurso é desenvolver o proxecto no propio ciberencontro.

Atentos á conta de twitter @ozulo e o Facebook da Asociación Comunidade O Zulo!

Os nosos mellores desexos para os organizadores polo seu esforzo e aposta decidida

Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona