A qué vos dedicades?
Proxectos
Axudámoslle a definir estratexias intelixentes que melloren a súa vantaxe competitiva e que lle permitan maximizar resultados.

Ensinamos a descubrir aos máis peques a nosa natureza, cultura, arqueoloxía, arte, literatura e arquitectura combinando material impreso e contidos dixitais adaptados a dispositivos móbiles.

A comarca da Terra Chá (provincia de Lugo, Galicia), impulsou un plan de comunicación turístico prestando grande importancia ás TIC. Neste proxecto encargámonos de definir a estratexia comunicativa e desenvolver varias plataformas web e campañas específicas de promoción turística.

Desenvolvemento para o Grupo Cyma, coñecida empresa con sede en Alicante e delegacións en Valencia, Benidorm, Denia e Oliva.

A Universidade de Santiago de Compostela ten un gran número de aplicacións corporativas para a xestión de múltiples trámites. O obxectivo do proxecto consistía en desenvolver novos interfaces adaptados a un novo deseño gráfico proposto polo noso equipo.

Esta iniciativa busca consolidarse como a plataforma dixital de comunicación entre os composteláns e compostelanas. Ao mesmo tempo é un punto de apoio importante para todo tipo de establecementos da capital galega que desexan dar a coñecer os seus produtos e servizos.

Web corportativa de Galevents Incentivos. Deseñamos unha interface a través do cal os usuarios coñecen a empresa e acceden aos seus servizos dunha forma sinxela e visualmente intuitiva.

Neste proxecto ademais de elaborar contidos sobre normas de comportamento na Internet, identidade digital, veracidade da información... démoslle a nosa capa de deseño e estandarización programando os cursos no formato estándar de e-learning SCORM

O Concello de Guitiriz encargounos encher de contidos a "Casa da Auga" unha instalación asociada á "Ruta da Auga" e ás tres fontes minero-medicinais que posúe este municipio.

Deseño a nivel impreso da Revista trimestral Dameuntoke,dirixida aos mozos do Concello de Narón. En base á comunidade de usuarios que xestionamos nas redes sociais definimos os contidos e maquetación da revista.

O Concello de Mugardos confiou en nos para redefinir o seu portal web. Os obxectivos do Concello buscaban facer máis racional a estrutura de contidos e mellorar a experiencia do usuario.

Esta cooperativa, coincidindo co seu 18 cumpleanos, apostou por Sdweb para renovar o seu website. O propósito era lograr un entorno cunha estética limpa e unha navegación sinxela e intuitiva.

Artellando é unha iniciativa educativa do Concello de Ferrol que busca ofrecer aos xoves do municipio un espazo para formarse sobre artes plásticas, novas tecnoloxías, fotografía, música...

O Servizo de Igualdade de Narón necesitaba dar cobertura a todas as súas iniciativas.

A EUI Sant Joan de Déu decidiu apostar por crear un portal dinámico con contidos actualizados.

O portal web Dameuntoke buscaba conectar coa mocidade.

Dihèlia supón un gran proxecto de creación dunha plataforma dixital especializada en Patrimonio.

Creación da campaña publicitaria "Un día para lucir".

Internet e a tecnoloxía móbil como vehículo dinamizador do aluguer de inmobles en España.

A empresa Azerta Consultoría Tecnolóxica necesitaba un sistema de xestión documental.

Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona