A qué vos dedicades?
Revista Dameuntoke
Neste caso o Concello de Narón recurriu a nos para realizar o deseño impreso dunha revista que se publica trimestralmente e que se dirixe á mocidade desta localidade.


O éxito do portal web www.dameuntoke.es e as campañas de comunicación dixital que realizamos, permítennos ter un feedback especial cunha comunidade de máis de 2.000 xoves deste municipio. Entre todos definimos os contidos que se publican trimestralmente en versión impresa.


Esta revista segue un estilo comunicativo moi específico cun obxectivo claro: ser capaces de transmitir aos xoves o conxunto de iniciativas que se realizan no ámbito do medioambiente, servizos sociais, traballo, deporte...

Posiblemente unha revista máis institucional non chegaría ao público obxectivo deste proxecto. Dameuntoke en versión impresa se conseguiu cun deseño atractivo e contidos interesantes captar a atención dos novos lectores.











Revista impresa

Cliente

Concello de Narón

Tecnoloxía

Branding + diseño
Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona