A qué vos dedicades?
Website Cem, s.coop.Galega
A nosa primeira reunión con CEM Sociedade Cooperativa Galega, supuxo un reto.

Como nos sucedeu a case todos nalgún momento dado, o seu Website estaba desactualizado, presentaba un sistema complexo de navegación e os usuarios non encontraban a información que querían obter.



O obxectivo estaba claro querían un proxecto "bo, bonito e barato".


Sobre esta base puxémonos a investigar, necesitabamos coñecer en detalle as necesidades do noso cliente e grazas a agradables reunións acompañadas de café e pastas percibimos as súas necesidades e problemas:

1. Contaban cun vello website que eran incapaces de actualizar.

2. Os usuarios que accedían á súa páxina web non atopaban a información.

3. Querían mostrar unha imaxe corporativa acorde coa súa empresa e a evolución que tivera nos últimos anos.

4. Buscaban algún sistema que lles informara do uso que se facía do seu novo portal web.

5. Necesitaban que o proxecto se finalizara en prazo para celebrar o seu 18 cumpleanos.

Para acadar os obxectivos apostamos por unha estética limpa, creamos un deseño web actual cunha arquitectura da información sinxela e intuitiva.

Aconsellamos ao equipo de CEM para evitar información ou imaxes superfluas evitando máis de tres click para chegar aos contidos, destacando en portada as últimas novidades, os principais servizos que ofrecen, os seus datos de contacto e a ubicación da oficina.

En canto á programación integramos un sistema de xestión de contidos amigable e impartimos a formación necesaria para lograr que o equipo de CEM sexa capaz de xestionar o seu espazo web na Internet.

Por último incorporamos diferentes funcionalidades que permitan á cooperativa ter un coñecemento real do uso que se está facendo da súa web.

E o mellor de todo é que fixemos uns grandes amigos cos que estamos colaborando en novos proxectos de Educación ambiental.
























Características

Cliente

CEM, Sociedade Cooperativa Galega

Tecnoloxía

xhtml1.1
css2
drupal
Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona