A qué vos dedicades?
Compostela de Santiago
Compostela de Santiago é unha plataforma dixital que se convertíu nun lugar de encontro para os compostelanos e compostelanas. Para os que non están de paso.

Nesta plataforma web é posible dar a coñecer un negocio, presentar novidades, ofrecer produtos e servizos, publicar ofertas, facer invitacións e incluír toda aquela información que cada negocio considere. Están conectados 24 horas, 365 días.

Sdweb neste proxecto foi a empresa encargada de:

1.Deseñar a campaña de comunicación impresa (folios, trípticos, carteles e plotters);

2. Definir e desenvolver a estratexia de comunicación nos medios dixitais (funcións de community manager para posicionar aos diferentes negocios participantes);

3. Desenvolver e xestionar a plataforma dixital que consiste nun CMS xestionado por diferentes usuarios con roles específicos que interactúan a través dos seus blogs, xestionando o canal de banners publicitarios, incorporando información (texto, galerías de imaxes, videos).

Quincenalmente reunímonos para ver as estatísticas de uso da plataforma e redefinir a nosa estratexia de posicionamento.

Ata o momento (3 meses dende a súa publicación) contamos con 3.200 usuarios nas redes sociais e arededor de 800 visitas diarias. Os canais de publicacidade externos (Zanot ou TradeDouber permiten que o proxecto sexa viable económicamente.

Só queda seguir crecendo e involucrando a xente nesta preciosa iniciativa.















Rede social Compostela de Santiago

Cliente

Iniciativa colectiva

Tecnoloxía

CMS Drupal + Community Manager
Branding + diseño
XHTML + CSS + jQuery
Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona